Regras de comportamento na Internet. Normas e liñas a seguir para unha correcta comunicación a través da Rede.
SPAM.
Chámase así ao correo publicitario masivo e non desexado. Por extensión, calquera comportamento de comunicación non autorizada polo receptor recibe tamén ese nome.
Troll.
Coñécese como Troll da Internet ou Troll a aqueles usuarios que, aproveitando o anonimato da Rede, interfiren en conversas, foros e chats co único obxectivo de chamar a atención e incomodar ao resto de participantes.