Normas de comportamento na Internet

Claves para interactuar de xeito correcto na Rede. A Netiqueta.

Internet, como canle de comunicación que é, está suxeito a unha serie de
regras e normas de corrección que nos permiten o intercambio de ideas e
información có resto de usuarios. Neste apartado aprenderemos cales son
os criterios máis importantes e os comportamentos que debemos evitar na
nosa interacción pola Rede.


     1. A Rede como canle de comunicación

Unha canle de comunicación é, basicamente, a ferramenta empregada para trasladar unha mensaxe dun emisor a un receptor. A canle non é a mensaxe en si, mais determina a estrutura que debe seguir a mesma.


A Internet é, a diferenza de outras como a televisión ou a prensa escrita, unha canle de comunicación bidireccional, de xeito que a mensaxe do emisor pode ter resposta por parte de outras persoas. Xa que logo, a referida bidireccionalidade obriga a contar nas mensaxes que se emitan cunhas normas para a boa educación e o respecto aos interlocutores. Esas regras de comportamento na Internet coñécense como “Netiquette” ou “Netiqueta”.

Inicio


     2. Regras básicas da Netiqueta

Na Internet, ademais das regras de comportamento que se usan na vida real, contamos cunha serie de normas específicas que nos facilitan a comunicación e garanten o respecto entre as partes.


Aínda que trataremos polo miúdo as diferentes normas segundo a ferramenta a empregar, subliñaremos agora os principais factores a ter en conta:

Inicio


     3. A Netiqueta no correo electrónico

As mensaxes de correo electrónico teñen unhas regras de etiqueta propias que debemos ter en conta ao utilizar esta ferramenta. As principais norma de comportamento na comunicación por e-mail son:


Inicio


     4. A Netiqueta na mensaxería instantánea e o chat.

Os chats e a mensaxería instantánea son ferramentas de contacto directo en tempo real, polo que teñen unha serie de normas propias que debemos ter en conta.

Inicio


     5. A Netiqueta nas Redes Sociais

Ademais das regras anteriores, que se poden aplicar en distintas canles, as Redes Sociais contan cunhas particularidades que nos obrigan a ter en conta unhas normas específicas.


Inicio


     6. Resumo

A Internet, como ferramenta de interacción entre persoas, require dunha serie de regras de comportamento que garantan a comunicación e o respecto dos usuarios.

Dita ferramenta, xa que logo, precisa do coñecemento das súas normas de funcionamento. Ese coñecemento repercute nunha correcta integración no medio e nunha mellor aceptación por parte dos nosos interlocutores.

Empregar e difundir as regras de etiqueta na Internet permítenos optimizar o resultado do que buscamos ao mergullarnos na Rede, obter unha interacción con outras persoas e compartir o noso coñecemento e pensamento.

Inicio

 



Porque se interpretan como berros e resultan agresivas para o resto de usuarios.

Porque ocupan moito espazo e obrigamos os usuarios que nos len a moverse páxina abaixo.

Porque un texto en maiúsculas resulta máis difícil de ler e cansa a vista.

Porque as maiúsculas só se empregan para avisos importantes.


 
Inicio