Sabías que...

...os usuarios que, por descoñecemento ou por desidia, omiten as regras básicas de ortografía son coñecidos como HOYGAN?
Á apertura e extensión da Internet ata cotas case universais propiciou o acceso á Rede de todo tipo de persoas.Aínda que na meirande parte dos casos os usuarios tratan de respectar as regras ortográficas, existe unha cantidade salientable deles que non o fan.
Os foros de debate, ao ser ata hai pouco tempo a principal ferramenta de comunicación na Internet, bautizaron como HOYGAN a aqueles que por descoñecemento ou desinterese ignoran as normas de ortografía.
A orixe do termo está na palabra que utilizaban para comezar as súas intervencións, a palabra “oigan” con faltas ortográficas notables; é dicir, frases como: “hoygan, nesecitaría que me digeran”.
Ademais, o termo escrébese en maiúsculas xa que moitos destes usuarios utilízanas nas súas comunicacións, o que se interpreta como un berro e está moi mal visto.