Páxina web que pode ser editada por múltiples voluntarios
de xeito doado, tendo todos capacidade para engadir, modificar ou
eliminar texto, imaxes e demais elementos. O termo provén do
Hawaiano e significa “facer as cousas de xeito sinxelo e
rápido”.
SSL.
Chámase así ao protocolo de seguridade e cifrado da
información mediante criptografía. Na Internet os datos
móvense por paquetes, facendo o Secure Sockets Layer que estes
non poidan ser lidos ou modificados por persoas alleas ao usuario e o
propietario da páxina onde está.
Grupos de noticias.
Na
súa orixe, Internet estaba baseada en opcións distintas
á web, sendo o correo electrónico moito máis
importante do que é agora. Os usuarios interesados nun tema,
asociábanse a un grupo de noticias e recibían
información sobre o mesmo. Hoxe faise algo similar ben mediante
subscricións a boletíns, ben a través de RSS.